martes, 1 de mayo de 2012

O Compos xa é de terceira!


A vitoria do Compostela onte por 3-0 diante do Xove Lago nun encontro con moito ambiente serviu para o clube da capital galega acadar matematicamente o ascenso á terceira división. Na aliñación do Compos: Diego Penas, Paco (Rego), Castiñeiras, Bautista, Damián, Kolman, Imanol, Jacobo Tato, Piñeiro (Louro), José Ramón (Pablo) e Maikel (Álex Blanco). O encontro foi doado para o Compostela pola debilidade do rival até o punto de librar de encaixar máis tantos nos 90 minutos de xogo.
Os goles chegaron xa nos primeiros minutos do comezo do partido cun José Ramón en boa forma que rematou un centro desde a banda. O segundo tanto do Compos chegou despois dun forte disparo de Baptista desde lonxe e o terceiro chegou, xa na segunda parte, nunha xogada individual de Kolman.
A importancia do partido foi máis que simbólica. Dúas tempadas despois de descender por problemas administrativos a SD acada a volta á categoría estatal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario