Podedes soterrar a Kim Jong-Il, pero ides de cachas
todos aqueles que coa súa morte pensades que a selección norcoreana, a
Auténtica Vermella, vaise ir ao garete. Diso nada, a selección seguirá
mellorando para competir cada vez a maior nivel, entre outras cousas
grazas a Kim Song Nam, mestre de educación física dende hai trinta anos da afamada escola norcoreana Pyongyang Pongnam.
Unha fábrica de cracks, e non a merda esa de Valdebebas
«Hai pouco, os rapaces da nosa escola gañaron o torneio nacional
de fútbol. Enfocamos o ensino de técnicas convenientes ás calidades
mentais e ás condicións físicas dos nenos que son febles na resistencia e
na concentración. A nosa escola sacou a moitos xogadores con moito
futuro», declarou o propio Kim Song Nam.
Outro mestre desa escola, o camarada Nam Yong Gwon, dixo que «aprendín
como xogar ao fútbol nesta escola. Algúns dos nosos graduados
representaron á DPRK en torneios internacionais e moitos son agora
grandes activos nos equipos locais. Kyong Jin e Choe Myong Song xogaron
un papel grande nos equipos de DPRK cando gañaron a asiática U-19 e a
U-16, campionatos de fútbol disputados o ano pasado. Tódalas escolas
primarias e secundarias no noso país teñen clases de fútbol».
Nada que ver con China, que nunca será nada neste deporte porque en
vez de traballar a base preparando aos futbolistas dende nenos prefiren
contratar a mercenarios coma Camacho para ensinar a xogar a tipos de
trinta anos. «Amos, no me jodas», que diría o propio técnico
murciano. Por non falar xa do manido tema da liga española da China, que
para encherse os petos Astiazaran & Cía. está moi ben, mais para
que saian craques entre ducias de nenos chineses gordos coma ceporros
uns, anoréxicos outros… pois como que non.
Polo tanto, dende aquí quero mandar unha mensaxe de tranquilidade a
todos aqueles seareiros galegos da Auténtica Vermella. Hai futuro porque
hai canteira. Así que estamos seguros que voltaremos ver á Chollima nun
mundial, e por descontado, nas tascas galegas adscritas á rede de
quedadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario