martes, 10 de abril de 2012

Celtic e Dínamo de Zagreb gañan en ligas descafeinadas



Os xogadores do Celtic festexan o seu título de liga número 43. (Foto: Extraída de Teinteresa.es).
Europa xa ten dúas ligas decididas máis. O problema é que se trata de dous campionatos que cada vez son máis aburridos. Os problemas financieiros e sancións administrativas do Rangers fixeron que o Celtic de Glasgow vencese a Premier League escocesa con 18 puntos de vantaxe. Para colmo, o partido decisivo rematou cun 0-6 diante do Klimarnock. Goles de todos os estilos posibles e cada vez hai menos que contar dunha competición que, milagres do fútbol, segue a manter unha media de asistencia aos estadios moi alta.
O mesmo se pode dicir da Prva HNL ou Liga Croata. O Dínamo de Zagreb proclamouse campión esta fin de semana por séptimo ano consecutivo. Unha ditadura absoluta do equipo da capital. Gañou por 0-3 ao Sibenik e o triunfo do Hajduk Split non serviu para nada. Os siareiros do segundo equipo máis laureado de Croacia, con seis ligas, deben remontarse ao 2005 para ver aos seus levantando un título.

O Sparta Praga colle vantaxe
Na Gambrinus Liga da República Checa disputouse esta fin de semana un encontro que pode ser clave para o desenlace final. O líder, o Liberec, recibía ao segundo clasificado, o histórico Sparta Praga. Os da capital venceron por un 1-3 e agora comandan o campionato cun punto de vantaxe a falta de seis encontros. Presúmese moi reñido o final deste campionato.

O Shakhtar presenta candidatura
Para finalizar este repaso das ligas de segunda fila, esta fin de semana tamén houbo un clásico na elite en Ucraína. O Shakhtar venceu por 2-0 ao eterno rival, o Dínamo de Kiev e xa é colíder. Aínda por enriba, a diferenza de goles favorece aos de Donetsk. Teixeira e Rakitskiy foron os autores dos goles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario